Novidades

  • Presentación do Atlas Linguístico do Brasil

    16/10/14

    Os dous primeiros volumes do Atlas Linguístico do Brasil (ALiB) foron presentados en Londrina no III Congresso Internacional de Dialectologia e Sociolinguística (III CIDS).

  • III Congresso Internacional de Dialetologia e Sociolinguística

    02/10/14

    Entre o 7 e o 10 de outubro celebrouse na Universidade de Londrina o III Congresso Internacional de Dialectologia e Sociolinguística (III CIDS).

  • Conferencia sobre actitudes lingüísticas

    01/10/14

    O xoves 2 de outubro ás 13:00 h, Iva Řihošková, investigadora visitante da Universidade Palacký en Olomouc (República Checa), realizou unha presentación sobre "Actitudes lingüísticas dos estudantes galegos en Ferrol, Lugo e Pontevedra".

  • Conferencia sobre problemas de tradución

    18/09/14

    O venres 26 de setembro ás 13:00 h, a catedrática Elena Zernova impartiu un seminario sobre "Problemas da tradución de textos literarios do galego ao ruso".

  • Xornadas Internacionais UCM-UNED

    17/09/14

    Entre o 18 e o 20 de setembro celebráronse en Madrid as Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio".

  • Conferencia sobre estratexias de recuperación da lingua en Bos Aires

    09/09/14

    O venres 12 de setembro ás 13:00 h no seminario A do ILG, o investigador Facundo Reyna Muniain presentou o seu proxecto de investigación sobre "Estratexias de revitalización e recuperación da lingua na diáspora de Bos Aires no século XXI".

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    09/09/14

    Convocatoria pública 10/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

     

  • Methods in Dialectology XV

    11/08/14

    Entre o 11 e o 15 de agosto celebrouse en Groningen o congreso Methods in Dialectology XV: The Future of Dialects.

  • O ILG publica o sexto número da súa revista

    03/08/14

    O ILG presenta un novo número da súa revista Estudos de lingüística galega. A publicación, que se edita desde 2009, inclúe neste sexto número artigos científicos de investigadores das tres universidades galegas e doutras institucións académicas de Galicia, Portugal e Brasil.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    16/07/14

    Convocatoria pública 7/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

     

Páxinas