logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- pompous, poncho, pond, ponder, ponderous, pontiff, pontifical, pony, pooh, pool, poor, poorly, pop, pope, popgun, poplar, poppish, poppy, populace


pool


- noun
- poza

EN Instead of remaining and playing, he swam with steady strokes under Simon and crawled out of the other side of the pool to lie there, sleek and streaming like a seal.
GL En troques de quedar a xogar na auga, nadou con fortes brazadas por debaixo de Simon, foi deica a outra punta, saíu da poza agatuñando e quedou alí estomballado, o corpo lustroso e pingando coma o dunha foca.
- Fonte: SEN (1766)
- lagoa

EN Only a pencil of water fell into the pool, full and to keep the ferns green in the underhang of the cliff, and wild grape climbed the stone mountain and all manner of little plants found comfort here.
GL Só un fío de auga caía na lagoa pero era suficiente para mantela chea e mante-los fieitos vizosos na beira da rocha. Unha vide salvaxe rubía pola pedra montaña arriba e toda clase de pequenas plantas atopaban acubillo nela.
- Fonte: PER (1441)
- pucharca

EN The yellow dripping had been scooped out like a boghole and the pool under it brought back to his memory the dark turf-coloured water of the bath in Clongowes.
GL O pringue amarelo fora escavado nela formando como un buraco nun pantano e a pucharca de debaixo lembráballe a auga escura, de cor de turba, dos baños de Clongowes.
- Fonte: RET (3428)
- estanque

EN The third man scrabbled away like a crab, slipped into the pool, and then he began to climb frantically, to climb up the cliff where the water penciled down.
GL O terceiro home fuxiu arrastrándose coma un cangrexo, escorregara polo estanque e logo comezara a gabear freneticamente. Subía pola fenda pola que caía o fío de auga.
- Fonte: PER (1573)
- piscina

EN For supplies above basic needs, about $1.60 per cubic metre will be charged, with an even higher rate for luxury uses like filling pools.
GL Á marxe desas necesidades, o metro cúbico custará 1,60 dólares aproximadamente e será aínda máis caro para utilizacións suntuarias como enche-las piscinas.
- Fonte: C04 (335)
.....--- swimming pool
- piscina

EN There weren't too many people in the zoo because it was sort of a lousy day, but there were a few around the sea lions' swimming pool and all.
GL Non había moita xente no zoo porque non facía bo día, pero aínda había uns cantos ó redor da piscina dos leóns mariños.
- Fonte: VIX (6844)