Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira presentan na Facultade de Filoloxía da USC o xoves 18 de setembro, ás 12 h, o número especial da revista en liña Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics.
Novidades
-
Destacado
Presentación do volume monográfico 'New Developments in Galician Linguistics'
18/09/25 -
Destacado
A revista ELG publica un artigo sobre as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega
17/09/25Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso, membros do ILG, asinan o artigo "Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística" na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega. Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés.
-
Destacado
Nova versión do corpus de textos parlamentarios Parlamint con importantes melloras
08/09/25Acaba de facerse pública a versión 5.0 do corpus ParlaMint, na que o ILG e o Proxecto Nós participan coa compilación e anotación dos datos do Parlamento galego (ParlaMint-ES-GA). Esta nova versión permite a anotación automática por temas e a anotación automática dos sentimentos nas intervencións.
-
Destacado
Sae do prelo o volume VIII do Atlas Lingüístico Galego con 3700 variantes léxicas
31/07/25O ILG vén de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e a Editora USC, o Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III). Neste oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) recóllense case 3.700 variantes léxicas para os preto de trescentos conceptos estudados.
-
Destacado
A diversidade dialectal do galego terá presenza no ecosistema dixital
22/07/25O Instituto da Lingua Galega, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do primeiro conxunto de preguntas dispoñibles para a recollida de fala espontánea en galego na plataforma colaborativa Common Voice.
-
Congreso polo 50.º aniversario da Facultade de Filoloxía
26/11/25A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Congreso Internacional Unha Filoloxía para o Século XXI. Pasado, Presente e Futuro. Linguas, Literaturas e Culturas, que terá lugar nas súas instalacións do 26 ao 28 de novembro de 2025, co gallo do 50.º aniversario da súa fundación. O prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 20 de xullo.
-
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
18/11/25O salto tecnolóxico producido nos últimos anos pola intelixencia artificial (IA) revolucionou as tecnoloxías lingüísticas, tanto nas aplicacións de texto coma nas centradas na fala. Esta verdadeira revolución pode acentuar a brecha entre as grandes linguas e as linguas máis pequenas, e particularmente as linguas minorizadas, que se poden ver amezadas de extinción dixital.
-
Presentación da primeira gramática do galego para checofalantes
16/09/25O profesor Petr Čermak, da Univerzita Karlova, presenta o martes 16 a primeira gramática do galego para checofalantes, da que é autor o lingüista checo Bohumil Zavadil. O acto terá lugar na sala académica da Facultade de Filoloxía, ás 12 horas.
-
Número especial da revista Languages sobre lingüística galega
06/08/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista en liña Languages, dedicada aos estudos interdisciplinarios de linguas, baixo o título New Developments in Galician Linguistics. O obxectivo deste número é presentar unha mostra representativa do estado da investigación sobre a lingüística galega.
-
Oferta de emprego no Proxecto Nós
25/07/25Está aberta unha nova oportunidade profesional no Proxecto Nós, que procura profesionais con experiencia en tecnoloxías lingüísticas e interese por contribuír ao futuro dixital da lingua galega. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de agosto de 2025.