logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- asshole, assiduity, assign, assignment, assimilate, assimilation, assist, assistance, assistant, associate, association, associational, assonant, assortment, assuage, assume, assumption, assurance, assure


associate


- intransitive verb
- relacionarse

EN As we have stated not long ago --three people are associated with the letter H. Mrs Hubbard, Miss Debenham and the maid, Hildegarde Schmidt.
GL Como xa dixemos non hai moito tempo, hai tres persoas relacionadas coa letra H: Missis Hubbard, Miss Debenham e a doncela, Hildegarde Schmidt.
- Fonte: ASA (4977)
- asociar

EN It was, as I have said, a fine autumnal day, the sky was clear and serene, and nature wore that rich and golden livery which we always associate with the idea of abundance.
GL Como dicía, era un fermoso día de outono. O ceo estaba sereno e despexado, e a natureza estaba vestida con esas roupas luxosas e douradas que sempre se asocian co ideal de riqueza.
- Fonte: LEN (58)
- tratar

EN If any fear that old habits and strangeness of appearance will make him ridiculous to those accustomed to associate with modern exquisites, we beg to assure him that we are not given to ridicule mere outward shows, and that worth and intrinsic excellence will always claim our respect.
GL Se teme que a súa aparencia extraña ou os seus costumes obsoletos nos parezan ridículos ós que estamos afeitos a tratar cos vaidosos personaxes modernos, asegurámoslle que non adoitamos mofarnos da aparencia externa e que sempre valoramos profundamente os méritos e virtudes intrínsecos das persoas.
- Fonte: DOD (104)
- vincular

EN This was designed "to associate the teaching of languages with the promotion of international understanding and peace," says Félix Marti, head of UNESCO's Advisory Committee for Linguistic Pluralism and Multilingual Education, which was set up in 1998.
GL vincula-lo ensino das linguas ó desenvolvemento do entendemento internacional e da paz", comenta Félix Martí, presidente do Comité Consultivo para o pluralismo lingüístico e a educación plurilingüe, creado en 1998.
- Fonte: C09 (426)


- noun or adjective
- amigo

EN But in her new situation among her new associates, Bertha remained true to the friend of her humbler days; she often visited the cottage of my father, and when forbidden to go thither, she would stray towards the neighbouring wood, and meet me beside its shady fountain.
GL Sen embargo, a pesar da súa nova situación e os seus novos amigos, Bertha seguía fiel ó seu amigo de tempos máis humildes. Visitaba a miúdo a casa do meu pai, e cando lle prohibían ir alí, desviábase cara á fraga veciña para atoparse comigo a carón da sombriza fonte.
- Fonte: MOR (37)
- adxunto

EN Mohamed Maamouri, associate Director of the International Literacy Institute, University of Pennsylvania
GL Mohamed Maamouri Director adxunto do Instituto Internacional de Alfabetización. Universidade de Pensilvania (Estados Unidos).
- Fonte: C02 (439)
- socio

EN They then sell or trade this information to business associates without the consumer's consent (see p. 24).
GL Despois, sen o consentimento do consumidor, véndenlle-la información ós seus socios comerciais (ver p. 26).
- Fonte: C07 (66)