logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- assembly, assent, assert, assertion, assertive, assertively, assertiveness, assess, assessment, asset, asshole, assiduity, assign, assignment, assimilate, assimilation, assist, assistance, assistant


asset


- noun
- vantaxe

EN Their greatest asset, for Salord, lies in their expertise, know-how and worldwide network of correspondents.
GL A súa principal vantaxe, en opinión de Salord, radica na súa experiencia, a súa capacidade técnica e a súa rede mundial de correspondentes.
- Fonte: C23 (1355)
- atractivo

EN Peru, the cradle of ancient civilizations and the home of active indigenous communities, is attracting more and more tourists who want to get away from the old "See a country in seven days and nights" package and is putting more and more emphasis on its cultural and archaeological assets.
GL Berce de civilizacións milenarias e activas comunidades indíxenas, o Perú atrae a un crecente número de viaxeiros ávidos de iren alén do tópico de "Coñeza un país en sete días e seis noites" malia que o seu turismo destaca cada vez máis os atractivos culturais e arqueolóxicos.
- Fonte: C12 (313)
- recurso

EN In other cases, a ritual celebration may be seen as an under-exploited asset prompting commercial investment.
GL Noutros casos, unha cerimonia ritual pode mirarse coma un recurso mal explotado que require un investimento financeiro.
- Fonte: C05 (1062)
- activo

EN If, for example, Korea had had a law which said banks are not allowed to have short-term hard currency debts that are uncovered by corresponding short-term assets, then the central bank would be protecting itself.
GL Se Corea do Sur dispuxese dunha lei que lles prohibise ós bancos contraer préstamos a curto prazo en divisas fortes --salvo que a súa débeda estivese respaldada polos activos a curto prazo correspondentes-- estaría protexido.
- Fonte: C04 (1443)
- utilidade

EN According to the NGO World Vision, which is involved in education projects in 17 Ugandan districts, "The relationship between government and NGOs has greatly improved because the government officials now view the latter as a great asset".
GL Segundo a ONG World Vision, que participa en proxectos de educación en 17 distritos de Uganda, "a relación entre o goberno e as ONG mellorou moito pois os funcionarios estatais entenden agora a súa utilidade".
- Fonte: C02 (168)
- capital

EN In a thirsty world, water can no longer be regarded primarily as a "strategic asset" that can be secured and safeguarded through the instruments of conventional security, least of all through the use of force.
GL Nun mundo sedento, a auga xa non pode seguir sendo considerada ante todo como un "capital estratéxico" que é posible procurarse e preservar gracias ós instrumentos tradicionais de defensa, e menos aínda recorrendo á forza.
- Fonte: C28 (696)
- baza

EN Their only assets are time and labour.
GL As súas únicas bazas son o tempo e a capacidade de traballo.
- Fonte: C30 (676)